lunes, 26 de noviembre de 2012

Necesidades: Dinís desde Mozambique




Mientras leo "Resistencia" de Rosa Aneiros, uno de los personajes que describe en su libro se ha metido en mi cabeza y me ha dictado esta carta, el personaje está en Mozambique en las filas portuguesas en un año de los 60:

"As veces isto paréceme estraño, ter isto, isto que coidamos ambos os dous, día a día na distancia, isto que coida de min, da miña cabeza. Non é doado, non, e moito menos na guerra na que os nosos fillos, pais, primos e irmáns se encontran, a mesma que hai un ano separounos levándome ata este inferno. Aquí, enMozambique, non estamos a facer nada, aquí xa hai escravitude abondo coma para vir  aumentala. Vexo os meus veciños violar nenas e maltratar outros homes, trátanos coma se fosen animais ou cans, e só porque teñen a pel escura e falan doutro xeito. Esta xente non ten nada, e o pouco que lles queda, a dignidade, será machucada por nós. Nunca cheguei a pensar nin crer que os meus veciños, eses que teñen fillas e nais poderían facer o que están a facer, son monstros, xa non podo velos como os meus veciños e seguen séndoo. A dor non pasa, só o teu rostro me fai esquecer onde estou, ás veces desaparece a túa cara e o meu corazón acelérase, o medo, sempre o medo a perder a miña guía, os recordos  da nosa vila, a praia, nosos corpos baixo o sol, a tranquilidade, a inocencia que deixei ao teu lado. O noso goberno non sabe ou non quere saber que esta guerra non é nosa, que estas terras non son nosas. Moitos dos homes que o goberno di que están desaparecidos morreron hai meses na batalla, moitos nunca volverán, quizais eu mañá desapareza, se ten que ser así será, pero non quero que esquezas que o único que me mantivo coa cabeza e o corazón cordos foi o teu recordo.Xa non creo na miña patria, nin na 
miña bandeira, nin no meu país, só creo en ti."

No hay comentarios: